 O número de fogares con maiores de 65 anos que viven solos en Galicia creceu en 2014 un 9,6% respecto a 2013, ata alcanzar as 121.500 persoas, o que supón unhas 10.700 máis que as 110.800 que estaban nesta situación o ano anterior.
Así figura na Enquisa Continua de Fogares de 2014 feita pública este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), na que aumentan en 2014 un 0,5% os fogares en Galicia ata os 1.074.600, aínda que descende a poboación residente ao pasar de 2.731.600 persoas en 2013 a 2.715.200 2014.
O tamaño medio na Comunidade é de 2,52 persoas por fogar, e sofre unha caída respecto ás 2,55 persoas por fogar que había en 2013, aínda que está lixeiramente por enriba da media española (2,51).
De acordo coa información estatística na que figura o valor medio de 2014, os fogares unipersonales incrementáronse dende os 250.700 ata os 259.000 (un 24,1% do total).
Un total de 121.500 das persoas que viven soas teñen máis de 65 anos, mentres que 137.600 teñen menos de 65 anos. Dos maiores de 65 anos, 88.000 son mulleres e 33.400 homes (en 2013 eran 78.700 mulleres e 32.100 homes).
Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato. |