Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O futuro do galego nas XXIV Xornadas de Lingua e Literatura
O profesor Cibrán Arxibai, a escritora Marta Dacosta, a presidenta de Galiza Cultura, Pilar García Negro, o Secretario Nacional da CIG-Ensino,Anxo Louzao, o Presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, máis o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Carrera compoñen a mesa redonda sobre o futuro da lingua galega coa actual política lingüística que terá lugar ás 16.30 horas nas XXIV Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino.

O amplo debate, con representación da administración e das principais entidades de defensa da lingua, forma parte do intenso programa das xornadas que cada ano se desenvolven en Compostela e á que asisten centos de participantes, en especial, profesorado de Lingua e Literatura Galega. As xornadas terán lugar nesta edición no IES As Fontiñas e iniciaranse ás 10.30 horas cunha mesa redonda arredor do pensamento a obra gráfica e literaria de Castelao na que participarán o profesor e investigador, Xoán Carlos Garrido Couceiro, a profesora e ensaísta Goretti Sanmartín Rei e o humorista gráfico, Xosé Lois, o Carrabouxo.

Arredor d´A Esmorga

A vinculación da literatura e o cine con ?A Esmorga? como pano de fondo é o tema da seguinte cita do programa coa intervención do ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez, a actriz Sabela Arán e Ignacio Vilar, director de cine que levou a novela de Blanco Amor á pantalla grande.

Ademais da mesa redonda, á tarde completarase con tres seminarios, un sobre as familias léxicas plurilingües a cargo de Xosé Luís Janeiro Espiñeira, outro arredor da experiencia de normalización lingüística nos centros impartido pola profesora Pilar Ponte e a terceira será a sección habitual do programa ?A autora fala da súa obra? que trae ao foro de lingua e literatura á escritora Verónica Martínez Delgado.

As Xornadas rematarán cunha actuación musical de Guillerme Ignacio (Quempallou) e Rubén Fernández (Albariza).

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 19-04-2015 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0