Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O gran álbum dos emigrantes españois en Estados Unidos

Dentro de poucos anos, aqueles españois que están en Hawai traballando pola súa salvación serán bos cidadáns estadounidenses". Este recorte en The Washington Post do 14 de decembro de 1907 ilustra a chegada de decenas de miles de emigrantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Valencia... entre o último terzo do século XIX e comezos do XX a unha terra que lles prometía oportunidades. Campesiños e obreiros que non sabían nin unha palabra de inglés e con apenas unhas moedas nos petos, reuniron o valor de embarcarse a Estados Unidos para fuxir da miseria ou dun servizo militar obrigatorio cuxo probable destino era morrer nas guerras norteafricanas.

As fotos (coa pátina sepia ou en branco e negro) daquelas vidas permaneceron espalladas en álbums familiares, caixóns, caixas ou baúis como os que tiña Elena Barquilla na súa casa de Trujillo (Cáceres), forrados con xornais de 1913 e repletos de imaxes dos seus bisavós en California.

Agora, un precioso libro, Invisible Immigrants Spaniards in the US (1868-1945), de James D. Fernández e Luís Argeo, reuniu 327 fotos e documentos que contan a aventura daqueles españois que fixeron as Américas. "O meu avó paterno, na cuberta do SS Aquitania. Chegou en 1926 e traballou de fogueiro en Newark", detalla o pé dunha desas instantáneas, na que se ve a un grupo no que sobresae a boina negra de Adolfo Losada.

Este gran álbum (en edición bilingüe, inglés e español) do que Fernández (Nova York, 1961) denomina "o heroísmo do cotián" forma parte dun proxecto que inclúe un arquivo dixitalizado e dúas películas xa exhibidas, para alumar un capítulo da historia de España "sobre o que hai moito descoñecemento", sinala o xornalista Luís Argeo (Pedras Brancas, Asturias, 1975). ?Falouse sobre todo dos que se foron a Latinoamérica. En EE UU, os españois foron invisibles, en comparación coa cantidade de italianos ou irlandeses que emigraron?.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2015 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0