Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Educación
A comunidade educativa xa ten nas súas mans o borrador do real decreto que regulará as chamadas reválidas de primaria, secundaria e bacharelato, eses exames finais que nos dous últimos casos deseñaranse desde Madrid. Dunha primeira lectura do texto, destaca sobre todo unha ausencia: calquera mención na reválida de bacharelato -a nova selectividade- ás linguas cooficiais.

Este esquecemento está corrixido nun real decreto anterior, o que regula o currículo de secundaria e bacharelato. Nese caso, na disposición adicional sétima fálase de que «a materia Lingua Cooficial e Literatura deberá ser avaliada nas avaliacións finais (...) e terase en conta na mesma proporción que a materia Lingua Castelá e Literatura»; tamén di que «corresponde ás Administracións educativas competentes concretar os criterios de avaliación, os estándares de aprendizaxe avaliables e o deseño das probas, que se realizarán de forma simultánea ao resto das probas que compoñen as avaliacións finais».

Á marxe da excepción da lingua cooficial, no novo decreto apúntanse asuntos xerais dos exames finais:

Primaria. Farase ao terminar sexto, correrá a cargo da Xunta, no caso galego, e valorará a competencia matemática, lingüística e de ciencia e tecnoloxía. Cada alumno terá un informe propio, que terá «carácter informativo e orientador».

Secundaria. As probas serán preparadas polo Ministerio de Educación, e as de tipo oral serán feitas polo persoal do centro do alumno, supervisado e validado por profesorado externo. Este obterá o título de graduado en ESO cunha valoración ponderada: o 70 % da nota final será a media das súas materias durante a ESO e o 30 % as probas.

Bacharelato. Esta reválida é obrigatoria para obter o título de bacharel (agora non), e a nota da avaliación suporá o 40 % do total; o 60 % principal é para a media das materias cursadas os dous anos. Non hai materias para subir nota pensando nunha carreira concreta. A elección das materias para o exame inclúen obrigatoriamente todas as troncais, o que supón na práctica que, ao contrario do que ocorre agora, todos os bachareis deberán examinarse de Historia de España.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2015 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0