Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As imaxes da pobreza en Europa impactan en Bissau a través do proxecto 'Causas Comúns'
?Ninguén podía crer que en Europa houbera persoas que viven na rúa ou que piden esmola?. Con esta sorpresa reaccionou a poboación africana ás fotografías da mostra ?Europa, realidade dun soño?, autoría de Gabriel Tizón, que está a xirar por Guinea Bissau no marco do proxecto Causas Comúns, cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Pontevedra. Así o explicou o presidente da Plataforma de ONGD de Bafatá, Boubakar Djalo, na presentación que esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela.
Era a primeira vez que acollían unha exposición fotográfica na rexión e, segundo o guineano, fíxolles cambiar a concepción do vello continente, pois ?na televisión e nos xornais só aparecen dúas imaxes: o fútbol e as telenovelas, os demais acontecementos non se mostran?. As fotografías sobre a pobreza e o recorte de dereitos en Europa están a percorrer distintas aldeas do rural ?porque de aí sae o 85% da emigración clandestina?, indicou Djalo.
No entanto, Gabriel Tizón precisou que o proxecto ?non pretende aleccionar?. ?En ningún momento lle dixemos a ninguén que non emigrara, só facilitamos información?, comentou o fotoxornalista, que ademais compartiu o seu oficio nun obradoiro con fotógrafos guineanos ?porque eles son quen teñen que contar o que acontece no seu país?.
A traballadora social Rocío Botana, que tamén participou da iniciativa sobre o terreo, incidiu en que Causas Comúns busca ?tender pontes? e, de feito, xa é máis ca un proxecto fotográfico. Alén das formacións impartidas para asociacións que buscan dar resposta ás necesidades da zona, xurdiron grupos de traballo con diferentes entidades e hoxe o proxecto encamíñase xa cara actividades culturais e de comunicación. Todo isto ?sen caer na pena nin na caridade, cedéndolle o protagonismo á poboación local?, insistiu Tizón durante o acto.
Tras esa primeira fase en Guinea Bissau, Causas Comúns vén de regresar a Galicia coa exposición ?África, soños e mentiras?, que nestes intres se amosa en Pontevedra e que a partir do verán visitará diferentes concellos socios do Fondo Galego. O obxectivo do proxecto é informar e sensibilizar a través da fotografía como idioma común, tanto ao pobo galego como ao guineano, sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos en África e en Europa.
Así quedou patente esta mañá na presentación que tivo lugar na Fegamp tras a Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na derradeira xuntanza da lexislatura expúxose o Plan de actividades para 2015, que xirará arredor do décimo aniversario de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido a persoal das administracións socias. Tamén se aprobou o balance económico de 2014 e o orzamento previsto para o presente exercicio.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0