Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Intensa Luz na súa volta á casa
As entradas esgotáronse hai semanas e tiña o aplauso garantido desde que saltou, con puntualidade, ao escenario. Luz Casal, roquera e dama da canción, reapareceu esta noite ante o público galego sobre as táboas do novo auditorio de Ferrol, a pé de ría na enseada de Caranza.
'Boas noites', saudou tras entoar 'Almas xemelgas', o tema que bautiza o seu último disco.
Era un regreso moi esperado, porque a súa axenda de concertos se ha ir acurtando nos últimos anos. Viaxou a China en febreiro e, a principios de marzo, ofreceu unha minigira por Francia que a levou de volta á península o pasado venres, cun recital no Liceo de Barcelona.
Esta noite recalou en Ferrol, a única cita con Galicia fixada até agosto e que é parte da xira de 'Almas Xemelgas' (2013), o seu último disco de estudo con 17 temas en castelán, portugués, italiano e francés.
Miúda, áxil e vestida de azul, intercaló melodías do último álbum como 'Ela e eu', 'Por que non volves amor?' Ou 'Xa non me contes a túa vida', cos seus grandes temas de outrora como 'Entre os meus recordos', que dedicou aos ausentes "onde queira que estean", 'É por ti' ou 'Non me importa nada'.
María Luz Casal Paz (Boimorto, A Coruña, 1958) ou, simplemente Luz, canta coa mesma enerxía e racho que a fixeron tan popular no noventa, especialmente en Francia.
Aos seus 56 anos, con 13 discos ás súas costas e un longo parón obrigado por un cancro de mama, a cantante coruñesa non perdeu nadiña de nada da intensidade da súa mocidade musical, pero conduce os matices da súa voz con máis acougo.
Acompañada por cinco músicos sen que nada fixese sombra ao seu vozarrón, esperábaa un auditorio maduro ao que puxo a cantar 'Un novo día brillará' e que aplaudiu con entusiasmo 'Bicarei o chan'.
O recital pasou das melodías pausadas ao rock enerxético para regresar ao sentimento sen saltos abruptos.
Este xoves, Luz Casal presentou na Coruña a IV edición do Festival da Luz, unha cita ecléctica coa música para todos os públicos e idades que se celebrará na súa aldea natal, en Boimorto, o 12 e 13 de setembro con fins benéficos que este ano irán a Médicos sen Fronteiras.
As entradas, de 10 a 15 euros para todo o fin de semana, abren a porta ás actuacións de Juan Can, Annie B. Sweet, María del Mar Bonet, Burning, Amancio Prada, Delorean, Miguel Poveda ou Eladio e os Seres Queridos.
O recital de Luz encádrase dentro do ciclo Son(s) de Ferrol da concellaría de Cultura de Concello de Ferrol para este semestre, no que tamén actuarán Leiva (18 de abril) e Lori Meyers (25 de abril), nun dos poucos concertos que os granadinos darán este ano.
A oferta péchaa o barítono Leo Nucci que, o próximo 17 de abril, ofrecerá en Ferrol o seu único concerto en España.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0