Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As taxas universitarias manteranse en Galicia ao mesmo prezo que en 2012
En plena polémica pola reforma do sistema de graos e másterres que pretende impulsar o Ministerio de Educación e que podería duplicar o custo que pagan as familias por enviar aos seus fillos á universidade, a Xunta decidiu conxelar por cuarto ano consecutivo as taxas universitarias para o próximo curso. Isto beneficiará a uns 64.000 alumnos. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que, deste xeito, Galicia seguirá sendo a comunidade autónoma cos prezos públicos das carreiras e os másters máis baixos de toda España.

No caso dos graos universitarios, o prezo medio das primeiras matrículas -que representan o 84 por cento do custo total- manterase en 11,89 euros cada crédito, o máis baixo de España, mentres que en Cataluña, por exemplo, custa 33,52 euros. Para as segundas matrículas as tarifas medias son de 16,46 euros; 26,62 euros para a terceira matrícula e 33,92 euros para a cuarta e sucesivas.

Tamén se conxelarán as taxas dos másteres, que seguirán custando 26,49 euros por cada crédito, fronte aos 65,87 euros que pagan en Cataluña.

Segundo os cálculos de Feijóo, se se compara o que pagan os universitarios galegos polas taxas universitarias coa tarifas medias que se aplican no resto do territorio nacional, o aforro para as familias de Galicia é de 19 millóns de euros cada ano.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-04-2015 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0