Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sector da dobraxe en Galiza advirte do seu proceso de desmantelamento
Un informe elaborado pola Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galiza (Apradoga) sobre a situación do sector manda un sinal de alarma, advirten desde a Mesa pola Normalización Lingüística. Neste informe de profesionais da dobraxe recóllese como é un sector, dí A Mesa, ?en proceso de desmantelamento en Galiza, con graves consecuencias de precariedade laboral e de perda de postos de traballo?. Un documento no que se recollen reivindicacións necesarias para atinxir un mínimo de presenza do galego nun ámbito fundamental como é o do audiovisual.

A plataforma presidida por Marcos Maceira lembra que xa propuxo a comezos de marzo seis medidas urxentes polo galego. Entre elas, estaban as que tiñan relación co papel normalizador que debe cumprir a CRTVG ?e nomeadamente co establecemento de convenios e acordos con outras canles, distribuidoras e produtoras, que permitan que as dobraxes cheguen a todo o público a través de toda as canles de TV, do cinema ou do mercado de DVD cunha atención especial aos produtos audiovisuais destinados ao público infantil e xuvenil?.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-03-2015 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0