Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS EFECTOS DO ?WHATSAPP?
O uso xeneralizado de aplicacións de móbil, especialmente de mensaxería como Whatsapp, fixo que os médicos empecen a recibir pacientes con danos que ata agora non se identificaran co móbil senón con actividades relacionadas co ámbito laboral ou deportivo. De feito, mesmo na maioría dos casos o paciente non os identifica co uso do teléfono.

A doutora Rosa Mª Llorca, xefe do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación do Hospital Universitario HM Torrelodones, explica que, ademais de diminuír os niveis de concentración e de provocar unha menor relación coa familia e as amizades, chatear continuamente a través do móbil pode derivar en patoloxías do pulso, dedos?

Isto fixo que dende a chegada das aplicacións para Chatear se empezaron a ver danos que non se identificaran co móbil. "A revista científica médica The Lancet utiliza o termo whatsappitispara referirse á tenosinovitis (inflamación do tendón e da membrana sinovial que o recobre) por utilización excesiva de WhatsApp", sinala a experta. A "whatsappitis" é considerada unha "patoloxía emerxente", segundo a revista.
A "whatsappitis" afecta sobre todo aos polgares, e os seus síntomas son dor, inchazo e entumecemento, que aumentan, co movemento destes. Tamén poden aparecer molestias no boneco e nos outros dedos polo feito de suxeitar o teléfono durante moito tempo.

E é que, en xeral, só se usan os polgares para manexar o móbil. A doutora Llorca apunta que "a sobrecarga nunca é beneficiosa, o recomendable é escribir alternando os dedos ou utilizando un lapis para dispositivos móbiles". Así mesmo, non convén usar o teléfono de forma prolongada e é necesario facer descansos.

As posturas mantidas diante dun ordenador provocan dano nos músculos da columna cervical e dor no colo. Co uso abusivo do móbil, a postura prolongada de flexión pode xerar tamén tensión nos músculos con aumento de ton e ata contractura que se transmite dende a rexión do colo á rexión dorsal. Se se prolonga a postura podería estenderse a tensión á rexión lumbar. Para evitalo, hai que diminuír a utilización innecesaria do teléfono e descansar o colo e as costas.

Se a lesión se fai intensa e perdura no tempo podería ser necesaria a rehabilitación, que combinaría as medidas analxésicas e antiinflamatorias con terapia física. "Se o problema e a dor se mantivesen e impedisen realizar as nosas actividades diarias cotiás, como peitearnos ou vestirnos, existe a posibilidade de ter que recorrer á cirurxía para liberar o tendón", sinala a experta.

Carlos Seoane Martínez, 2º de bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2015 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0