 Ás veces abonda con mover unha obra de arte a un espazo diferente para que os nosos ollos a contemplen cunha mirada fresca. Ese é o experimento que acometeu o Museo Británico. Tampouco é que necesite innovar demasiado, pois é un dos máis concorridos do mundo, con 6,5 millóns de visitantes anuais. As súas enormes salas pulidas ven pasar cada día riadas de turistas cercando a pedra Rosetta cos seus móbiles, escolares rifados portoquetear as estatuas exipcias, a ondas de xaponeses vagando entre as métopas furtadas ao Partenón... Pero aínda así, seguen estrullándose as meninxes para interesar ao público. Por primeira vez sacaron seis mármores do Partenón da impoñente á onde se exhiben dende o século XIX para mostralos noutro ámbito. A coartada é unha mostra que se chama «Definindo a beleza. O corpo na arte da antiga Grecia». Ao longo de sete estanzas, de deseño máis contemporáneo que o resto do museo neoclásico, os tesouros do British charlan con outras obras familiares que lles prestaron institucións como o Metropolitano de Nova York, o Glyptohek de Copenhaguen ou o Pergamon de Berlín. A mostra abriuse onte e continuará ata o 7 de xullo. Entrar custa 16 libras (21 euros). O British faise en realidade unha autohomenaxe, cos gregos e a beleza como coartadas. Unha dobre exhibición de músculo (o do museo e o dos atletas), para felicidade do público e mortificación dos helenos actuais, que dende hai décadas preitean para que os británicos lles devolvan o que en puridad lles roubaron. A metade das esculturas e relevos que engalanaban o templo ateniense, construído entre o 447 - 432 a.C, expóñense dende 1816 en Londres, onde se as levou Lord Elgin, o embaixador inglés ante o Imperio Otomán. A exposición non deixa de ser un xeito entre sutil e fanfurriñeira de remachar que Fidias non se vai mover de Londres. En lóxica resposta, Grecia non prestou obra ningunha ao British.
Ana Martínez Fernández, 2º de bacharelato, B. |