Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galaxia reaviva a Filgueira Valverde
Quintana viva é o primeiro título da Biblioteca Filgueira Valverde que a Editorial Galaxia inaugura neste fin de marzo, a mes e medio do día grande das Letras Galegas que a Real Academia Galega decidiu dedicar este ano a Xosé Filgueira Valverde. O libro de relatos de Filgueira Valverde é o primeiro que se publica do autor neste 2015, cun sensíbel retraso con respecto autores e autoras de anos anteriores. O nomeamento de Xosé Filgueira Valverde para a homenaxe deste ano do 17 de maio nacera con polémica con moitas voces que se pronunciaron contra a conveniencia de recoñecer unha figura claramente vinculada co franquismo e o seu aparato represivo. Asociacións culturais, de ensinantes e de recuperación da memoria fixeron notar a súa oposición á decisión tomada pola maioría de académicos e académicas.

A Editorial Galaxia anuncia, pola contra, o inicio da Biblioteca Filgueira Valverde coa publicación do libro de relatos Quintana viva. As bibliotecas de autor son coleccións dedicadas pola editorial dirixida por Vítor F. Freixanes aos grandes nomes da literatura galega como Otero Pedrayo ou Blanco Amor, autores dos que maiormente ten dereitos a histórica editorial galega. O escritor e tamén académico Xosé Neira Vilas é o único vivo ao que se lle dedica unha biblioteca de autor.

Quintana viva aparece neste 2015 como terceira edición da obra que viu a luz en 1971 e da que se tirou unha segunda edición en 1990. A nova edición publícase sen ningún estudo introdutorio nin texto de acompañamento e anuncia no índice a próxima publicación de Adral e Segundo Adral. O presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero, anunciou tamén un libro sobre Filgueira da súa autoría.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-03-2015 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0