Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Celebración Mundial da Poesía, da Auga e da Árbore na Insua dos Poetas
Nun acto que se celebrará a Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño, Ourense), a partir das 12:30 horas, a Fundación ?Insua dos Poetas? conmemorará tres efemérides, equinoccio de primavera, coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
Día da Poesía, efeméride adoptada durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.
Simbólicamente a poesía, palabra esencial no tempo, ten sido representada pola auga, o fluir da vida, e pola árbore, concretamente o loureiro e a oliveira, cun significado, xa desde os tempos máis antigos, de gloria e de paz. Polo tanto, a Fundación ?Insua dos Poetas? escolle, neste 2015, unha data común para a celebración.
A Fundación ?Insua dos Poetas?, declarada de Interese Galego e inscrita no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o 7 de marzo de 2013 (DOGA nº 54), ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura. Polo tanto, a celebración da Auga, da Árbore e da Poesía, cada 21 de marzo, terá como destinatarios ás xeracións máis novas, representadas polas alumnas e alumnos dos Centros de Ensino do Carballiño. A elas e a eles está destinada esta actividade e eles e elas serán os seus protagonistas.
DESENVOLVEMENTO DO ACTO
23 de marzo 2015
Insua dos Poetas
Esgueva-Madarnás-O Carballiño
(Estrada Carballiño-Lalín (OU-902), km 4,5)
12:30 horas.- Introdución a cargo de Xabier Castro Martínez (Secretario da Fundación), que procederá a dar lectura á declaración de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, no Día Mundial da Poesía.
12:35 horas.- Palabras de Luís González Tosar (Presidente da Fundación Insua dos Poetas)
12:40 horas.- Intervención das alumnas e alumnos.
12:55 horas.- Palabras de Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Ed. e Ord. Univ.)
13:00 horas.- Intervención de Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense)
13:05 horas.- Plantación de árbores a cargo dos escolares, escritores, artistas, etc
Os profesores dos centros escolares participantes, recibirán lotes de libros destinados ás bibliotecas.
Lugar: Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño, Ourense)
Día: Luns, 23 de marzo de 2015
Hora: 12:30 horas
Organiza: Fundación Insua dos Poetas
Colaboran: Concello do Carballiño, Deputación de Ourense, Consellería de Cultura, Educación e Ord. Univ.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0