Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Javier Gutiérrez co Premio Pedigree 2015
Tamén serán premiados o veciño Juan Maceira e o director Alfonso Zarauza.

A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans, acordou outorgar ao actor ferrolano Javier Gutiérrez el Premio Pedigree 2015, galardón de honra deste certame, co que recoñece "a súa traxectoria e tamén a súa constante capacidade de traballo".

A organización eloxiou a "grande versatilidade" do intérprete, recentemente galardoado cun Goya polo seu papel en 'La Isla Mínima', e destacou que Gutiérrez "creceu en cada unha das interpretacións que foi facendo en televisión, teatro e cinema", nos que pasou por "infinidade de rexistros".

Ademais, con este premio, os responsables do Festival de Cans tamén quixeron recoñecer a continua participación de Javier Gutiérrez en curtametraxes, e o seu apoio a directores e novos creadores que se atopan no inicio das súas carreiras. Nese sentido, puxeron como exemplo a película 'Tupper', de Anxo Maceira, que se proxectou o ano pasado en Cans e pola que o propio Javier Gutiérrez recibiu o premio á mellor interpretación.

O actor de Ferrol non é novo neste certame, porque xa en 2010 puidérase ver o seu traballo no curto 'O vendedor do ano', de Coté Soler, polo que tamén foi premiado (xunto con Fernando Cayo).

Pola súa carreira e, así mesmo, polos seus "valores persoais", o Festival de Cans recoñecerá nesta edición a Javier Gutiérrez, que deixará a súa pegada no 'Torreiro dás estrelas' durante a celebración do certame (do 20 ao 23 de maio). Así, o ferrolano únese ao xa nutrido grupo de actores que recibiron ese Premio Pedigree: Luis Tosar, Celso Bugallo, Mabel Rivera, Antón Reixa, Chete Lera, Ernesto Chao, María Pujalte, Antonio Durán 'Morris' e Manuel Manquiña.

OUTROS PREMIOS

Por outra banda, na edición de 2015 do Festival, tamén se premiará a Juan Maceira, un carpinteiro veciño de Cans de case 85 anos de idade, co Premio Pepe Puime (Chimpín de Prata). A organización quere así recoñecer e agradecer a súa contribución desinteresada neste evento.

Outro dos premiados será o director Alfonso Zarauza, quen presentou en Cans as tres películas que filmou ata o momento: 'A noite que deixou de chover', 'Encallados' e 'Os Fenómenos'.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0