Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As costas europeas prepáranse para a chegada da 'marea do século'
As costas europeas prepáranse para recibir nas próximas horas o fenómeno coñecido como a marea do século, unha corrente especialmente forte que responde á inusual aliñación do Sol e a Lúa, cuxas masas atraen de forma excepcional ás augas na mesma dirección, funcionando como uns imáns sobre os mares. O termo é, certamente, un pouco abusivo, dado que non se produce cada cen anos senón cada 18. De feito, a última foi o 10 de marzo de 1997 e espérase que volva repetirse o mesmo mes en 2033 e 2051.

O que si é verdade é que esta ocasión a gran marea vai ser en Francia todo o forte que pode chegar a ser, debido ao estreito marxe en que se produciron as condicións que as orixinan. Un par de cifras: o Centro Hidrográfico Nacional de Francia (SHOM) estima que en puntos como a baía de Saint Michele a marea do século alcanzará 119 puntos na escala que se emprega para medir estes fenómenos costeiros e cuxo rango de medición vai de 20 a 120 puntos.

O SHOM calcula que neste punto da costa francesa a marea subirá 14,15 metros, o equivalente a un edificio de catro plantas, cando as mareas máis altas que se rexistran anualmente (mareas vivas) non superan os 10,5. En cambio, durante as mareas mortas que se rexistrarán unha semana máis tarde, o próximo 28 de marzo, o nivel do mar no seu punto máis alto non subirá máis de 4 metros (un coeficiente de 36 na escala), segundo explica este organismo.

En España, non obstante, as previsións apuntan a que as mareas serán máis altas do normal nos momentos de preamar pero non aumentarán de forma considerable en relación con outras mareas altas que se producen ao longo do ano. Así, en puntos da costa cantábrica como Santander, San Sebastián, Xixón, Ferrol ou Finisterre, a suba será como máximo de 2,4 metros e de 2 na cornixa atlántica norte, mentres que o coeficiente de marea será, como moito, de 116.

O fenómeno, que tamén deixará paisaxes cegadoras noutros puntos de Normandía e Bretaña, xerará importantes ingresos turísticos para a rexión onde se encontra o Monte Sain-Michel, que cada ano visitan máis de tres millóns de persoas e só avantaxan en Francia a cidade de París e o Pazo de Versailles.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0