Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novos coñecementos sobre a memoria humana
O escritor Ray Loriga dicía en Tokyo "xa non nos quere", algo que os científicos levan tempo advertindo: "A memoria é o can máis parvo, tíraslle un pau e devólveche calquera cousa". Para desilusión de moitos, numerosos estudos mostraron que as nosas memorias están manipuladas e que é posible mesmo que os momentos máis emotivos da nosa vida, como o nacemento dun fillo ou o encontro cun grande amor, non sucedesen como os recordamos. O cerebro non funciona como unha gravadora fidedigna dos feitos. Como o can parvo ou caprichoso, recupera o que quere e, aparentemente, non o que se lle pide.

Nos últimos anos, no seu esforzo por comprender os mecanismos da memoria, a neurociencia descubriu algo que pode resultar sorprendente: no camiño ata o lugar onde podemos recuperalos, "os recordos provocan o esquecemento". A memoria funciona por asociación e cando se trata de recuperar un recordo é posible que o noso cerebro teña que elixir entre varias memorias relacionadas que compiten entre elas. Se un intenta recordar un partido de fútbol, por exemplo, haberá outros partidos que o cerebro deberá descartar para chegar á información desexada. Algo similar sucede cos contrasinais dalgúns bancos, que, por razóns de seguridade, se teñen que cambiar cada poucos meses. Aínda que inicialmente só ten de recordar un contrasinal, pouco a pouco solápanse as vellas coas novas. Isto fai que nun principio, coma se fose un ordenador atestado de datos que ten que trillar, o cerebro necesite gastar moita enerxía para elixir a memoria axeitada. Non obstante, unha vez que se seleccionan as memorias relevantes e se suprimen as que non o son, os recursos necesarios para volver recuperar unha memoria son moito menores.

Michael Anderson, investigador da Universidade de Cambridge e coautor do estudo, salienta que "aínda que a xente pensa que o esquecemento é algo que sucede sen querer, esta investigación mostra que a xente ten un papel máis relevante do que pensa á hora de decidir que van recordar".

Anderson menciona tamén que este tipo de estudos pode ensinarnos cales son os procesos detrás da memoria selectiva que fai que recordemos o que nos convén ou mesmo sobre o autoengano. Ao fin e ao cabo, é posible que o can da memoria non sexa tan parvo e, en realidade, traia calquera cousa e non o pau que lanzamos porque é o que no fondo queriamos recuperar.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0