 O condutor dun vehículo faleceu tras a colisión entre o seu automóbil e outro na N-634, ao seu paso por Teixeiro, no concello coruñés de Curtis, informou a central de emerxencias do 112. A vítima morreu tras ser excarcerada polos bombeiros de Betanzos e polo GES de Curtis. Outras seis persoas resultaron feridas, un deles de gravidade, e foron trasladados en ambulancia por Urxencias Médicas a distintos hospitais da bisbarra coruñesa.
Ademais, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela foi mobilizado, aínda que finalmente non evacuou a ninguén. Dez minutos despois das cinco desta tarde, un particular avisou ao 112 Galicia e pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e aos GES e Protección Civil de Curtis, ademais de aos efectivos do parque comarcal e Urxencias Médicas.
Así mesmo, o 112 Galicia informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias por se fose necesaria a súa colaboración.
Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato. |