 Tan auténtico resultalle Galicia, que a directora viguesa de curtametraxes Adriana Pérez Páramo elixiuno como escenario para a súa última produción, Galicia. Portobello Road. O argumento: a relación dunha nai coa súa filla; dúas xeracións de emigrantes (as actrices Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga) entre as que inevitablemente xorden rozamentos. E como transfondo, o galinglish, esa mestura entre inglés e galego que salpica a obra e dótaa dun ácido sentido do humor.
«A xente maior sempre quere volver -explica Adriana entre as vetustas mesas do Galicia-. Pero teñen fillos, logo netos e nunca atopan o momento». Tamén Adriana coñece ben o fenómeno migratorio: unha tía avoa en Venezuela, outra en Estados Unidos... E ela mesma, claro, que tivo que facer un día as maletas: «E quero regresar, pero non se cando será posible». De momento, o seu curto ten que rodar aínda por Europa. «A idea é mandalo ao Festival de Bruxelas, pero xa veremos se podemos», matiza.
A directora viguesa chegou ao Reino Unido no 2008 para cursar un máster de cine no London Filme School. Pasou despois por Polonia... e de novo a Londres. No seu primeiro curto, Illa Pedra, tivo bo ollo ao contar coa actriz Nerea Barros, que acaba de gañar un goya polo seu papel en 'A Isla Mínima'.
Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato. |