Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O SORRISO, A MELLOR MEDICINA
Aínda que polo momento non hai datos científicos que demostren que as persoas con mellor sentido do humor vaian vivir máis ou a ter mellor saúde, si se constatou que os estilos de humor positivos xeran beneficios importantes para a saúde mental, explicou nunha entrevista o profesor de Psicoloxía Positiva de Saint Louis University, Eduardo Jáuregui, con motivo do Día Internacional da Felicidade. Jáuregui, doutor en Ciencias Políticas e Sociais, sinalou que malia que aínda non está claro que o humor repercuta de forma positiva na saúde física, si se pode dicir que é "un paraugas contra a adversidade".

Chancear sobre as desgracias axuda, en xeral, a levar mellor os momentos máis difíciles da vida, xa que cando unha persoa comparte un problema, o trata con distancia e é capaz sen decatarse de verlle o lado cómico. Isto demostra que rirse dos problemas é importante para a saúde mental, destaca o psicólogo, xa que de forma inconsciente se transforman os pensamentos negativos en positivos e reduce o estrés ou axuda a previlo. Ademais, as gargalladas teñen sobre a saúde un efecto analxésico leve do tipo aspirina, o que alivia a dor e, a este tempo reduce o estrés sobre o que causa medo ou ameaza, explicou o cofundador de Humor Positivo, empresa especializada no sentido do humor.

Por exemplo, no mundo laboral relaciónase facer ben as cousas ao estrés e angustia, emocións que de forma primitiva se asocian á loita e á fuxida. Non obstante, as emocións positivas son as que mellor preparan ás persoas para o traballo, xa que está demostrado que despois de rir ou recibir un regalo inesperado se pode ser ata cinco veces máis creativo.
Así mesmo, estas emocións positivas permiten crear de forma máis doada e próspera relacións cos demais e facilita o traballo, pois, aínda que pareza contraditorio, tratar temas serios e graves a partir do humor axuda a resolvelos con maior facilidade. Dá exemplos de formas nas que as empresas utilizan a diversión para conseguir determinados obxectivos, entre eles, destaca o caso de Google, onde as plantas das oficinas se conectan cun tobogán coma se dun parque temático se tratase.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0