 Vaso, tapa e poema. Así é a proposta da Fundación Vicente Risco para o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de ?Ponme un poema!? desta volta con Verónica Martínez e Alberte Moman.
Polos bares e as rúas de Allariz desenvolverase este sábado día 21, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de ?Ponme un poema!?, un roteiro poético que, desta volta estará centrado na poesía erótica.
Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, que gañaron o Certame de Poesía Erótica Sisargas coa obra conxunta O Episodio serán as persoas convidadas a participar nesta iniciativa literaria que consistirá nun recital partillado nas distintas paradas nos locais colaboradores nos que a poesía virá canda tapas e bebidas. Os establecementos interpretarán tamén na oferta gastronómica o concepto de erotismo que está no cerne da nova edición de ?Ponme un poeta!?.
A xornada incluirá tamén o espectáculo poético-musical ?Cinta adhesiva? de Silvia Penas e Jesús Andrés nos xardíns da Fundación Vicente Risco. A participación no roteiro é gratuíta e aberta mais o prezo de cada tapa con bebida será de 2,50 ?.
Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato. |