 O futbolista do Real Madrid, Iker Casillas, sumouse á campaña de Nacións Unidas con motivo do Día Mundial da Auga cuxo lema de 2015 é 'A auga eres ti', que se celebra o próximo domingo en favor deste recurso prezado e reclamar auga e saneamento.
A campaña do 'World Water Day' busca sumar apoios mediante mensaxes nos próximos meses nos que se invita a contar o significado da auga para os usuarios nun anaco de papel e despois facerse unha autofoto ou gravar un video para publicalo despois coa etiqueta #WatserIs nas redes sociais Twitter, Facebook, Vine e Instagram.
Ademais, no marco da campaña, a ONU invita a entrar na web www.worldwaterday.org para coñecer distintos aspectos sobre a auga e obter material. "Este ano necesitámoste máis que nunca para celebrar a auga. E necesitamos que nos axudes para que os demais pensen o que significa para eles a auga", reclama a campaña.
Este ano, Iker Casillas, embaixador de Boa Vontade da ONU sumouse á campaña e lanzou unha mensaxe que recorda a saúde en touro á auga. "#WaterIs (a auga é) Saúde. O corpo dura semanas sen alimentos pero só uns días sen auga www.worldwaterday.org @UN_Water".
Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato. |