Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Música que borra as distancias
A revolución dixital transformou a música en toda a súa amplitude: dende novas ferramentas para a composición e interpretación, ata a gravación, difusión e comercialización das creacións. Recentemente, a Orquestra Sinfónica de Galicia comezou a retransmitir concertos en directo a través de YouTube en calidade HD e o Centro de Supercomputación de Galicia e a Universidade de Santiago desenvolveron experimentos nos que a tecnoloxía permite a artistas borrar as limitacións espaciais para tocar xuntos.

O Cesga e o equipo de Canle Campus conectaron ao guitarrista e compositor galego Pablo Novoa co violinista italiano Sebastiano Frattini para que ambos os dous ensaiasen o clásico Sunny de Bobby Hebb e o ubicuo Get Lucky de Daft Punk. 2.700 quilómetros separábanos, Novoa en Cáceres e Frattini en Trieste, cuxo conservatorio Giuseppe Tartini desenvolveu a tecnoloxía LOLA que está a facer posible este tipo de colaboracións a distancia. «Sistemas como LOLA, utilizado na experiencia Cáceres-Trieste, eliminan todo o procesado posible para minimizar a latencia e incorporan interfaces de audio profesionais, mellorando a experiencia a nivel de interacción e de calidade de son nestes ámbitos, achegándose máis ao que serían as clases presenciais», explica Natalia Costas Lago, técnico superior de telecomunicacións do Cesga e responsable do experimento.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0