Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rianxo homenaxea a Manuel Antonio en catro singraduras
Catro singraduras, catro días, de homenaxe ao poeta de Rianxo que comezan no salón de plenos este sábado 14 de marzo coa presentación da Obra Completa de Manuel Antonio nun acto no que participarán o alcalde Adolfo Muíños, o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, o director da Fundación Barrié, Javier López e o editor literario da Obra Completa, Xosé Luís Axeitos. A seguir no auditorio, o alumnado da Escola de Música de Rianxo dará un concerto no Auditorio, espazo que acollerá a quinta feira, 19 de marzo, a segunda singradura, a representación teatral a cargo do alumnado da Escola Superior de Arte dramática de Galicia da obra M.4.A4, dirixida por Ricardo Solveira sobre textos de Manuel Antonio.

A terceira singradura será en barco para homenaxear ao poeta do mar. Sairá do porto de Rianxo e dirixirase á Illa Malveira coa poesía a bordo a cargo de Xesús Santos e Fernando Quintela entre outros e outras participantes. Será unha conmemoración especial que retomará a homenaxe que no ano 1935, hai oitenta anos, un grupo de amigos e admiradores proxectaban por medio de subscrición pública e que finalmente quedou frustrada. No auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas, Xosé Luís Méndez Ferrín será o mantedor do recital poético no que intervirán Anxo Angueira, Marta Dacosta, F. R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Vilar, antes do peche musical pola Aula de Cultura Musical, UNED Senior de Rianxo.

O programa rematará o sábado 28 de marzo co concerto ?A música no Rianxo da Belle Epoque?, da Aula de Cultura Musical coa colaboración da Escola de Música de Rianxo.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-03-2015 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0