Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galiza imponse no campionato estatal de Loitas Olímpicas: 11 medallas de ouro, 7 prata e 11 bronce
Galiza logrou uns excelentes resultados no Campionato do estado español de loitas olímpicas en categoría sénior e cadete que decorreron en Madrid. Un total de 29 medallas (11 de ouro, 7 de prata e 11 de bronce) foron conquistadas por deportistas galegos nesta cita na que Galiza proclamouse campioa en loita feminina sénior e cadete e en loita libre categoría cadete.

Galiza foi terceira en loita grecorromana (cadete) e loita libre olímpica (sénior), así como 8ª en loita grecorromana sénior. Para a Federación Galega de Loita e disciplinas asociadas, o ?rotundo éxito dos loitadores galegos? resúmese en que o noso país é un terzo das preseas en xogo a nivel estatal.

Por clubs tamén houbo resultados sobresaíntes: Keltoi de Vila de Cruces foi campión do Estado de Loita Feminina cadete e o Club San Ignacio de Vigo: Bronce en Libre Olímpica cadete e Libre feminina sénior.

?Dos 50 deportistas desprazados ata Madrid, 29 obtiveron medalla, polo que o traballo de calidade que están a levar os Clubs en Galiza, está a dar os seus resultados. O traballo de formación da base deportiva, ten como consecuencia directa o bo resultado na categoría cadete, que o ano pasado tivo tantos problemas a nivel nacional. A falta de resultados do ano anterior, veuse compensada sobremaneira durante este ano 2015?.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0