Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS MELLORES DEBUXOS DA XERACIÓN DOS 90:
Quen non quixo ser o Detective Conan? Quen non viu esa obra da natureza como era Gatocan? O topete único de Titeuf? A inesquecible risa do paxaro tolo? Os superpoderes de Son Goku?
Aquí chega un bo recordó dalgunhas delas:

1. ?Titeuf?
A cabalo entre a preadolescencia e "a idade do pavo", o personaxe francés de Titeuf foi característico polo seu particular peiteado e a súa forma de vivir. Ese " Como mola!" foi unha expresión que utilizamos durante a nosa época de instituto e o amor secreto á par que platónico que sentía por Nadia, era o paradoxo que nos acontecía a nós "coa rapaza guapa da clase". Ignorábanos.

2. ?Las tres mellizas?
O almorzo servíase con historia. Os castigos da Bruxa Aburrida a Teresa, Elena e Ana percorrían os acontecementos históricos máis importantes, así como os lugares de influencia, para que os nenos coas galletas chocolateadas con Nesquik aprendesen dende primeira hora do día.

3. ?Las supernenas?
Pétalo, Burbuja e Cáctus creadas polo profesor Utonio con azucre, especias, moitas cousas bonitas e unha substancia X que lles outorgou poderes sobrenaturais. Estas nenas foron unhas das primeiras superheroínas que invadiron a televisión do noso salón. A verdade é que son moi coquetas.

4. ?Los Rugrats?
Que aventuras en cueiros teremos vivido nós! Supoño que poucos (ninguén) vos acordaredes das vosas peripecias cando aínda non sabiades nin camiñar. Pois ben, esta serie mostrounos o desastre que eramos e o traballo que dabamos. Descubridores por natureza, Tommy, Chuckie, Phil, Lil, e Angelica percorrían a casa e arredores en busca de aventuras. Sen esquécesenos, o can sorrinte e fiel chamado Spyke.

5. ?La banda del patio?
Sen dúbida, a mellor serie e a máis influente da nosa época. É tal o grao de realidade que hai no día a día desta cuadrilla de amigos, que sabiamos os seus nomes e as súas fazañas. Todos nos puxemos a gorra como T.J. e queriamos ser o líder da nosa cuadrilla gastando bromas arreo. O grupo mostrábanos unha heteroxeneidade que existía en calquera patio de calquera colexio e máis no tempo de recreo. O deportista era Vince, a adorable Spinelli con "malas pulgas", a intelixente Gretchen, o afable mangallón Mikey e o rapaz novo Gus. Non se nos esquezan Randalf, o acusón, e a disciplinada profesora Finster.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0