Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O vídeo de Enrique Iglesias xa se difunde nas redes sen os planos das cidades galegas.
Nas versións curtas do vídeo de Enrique Iglesias que están a rular pola rede xa teñen desaparecido as imaxes das cidades galegas (na metraxe orixinal aparecían todas as galegas, menos Pontevedra). Mesmo así, a Xunta negou no Parlamento a posibilidade de rescindir o contrato co cantante, o que lle reclamaba o BNG co apoio de toda a oposición. Todos os grupos da oposición coinciden: os 302.000 euros que a Xunta lle deu a Enrique Iglesias para a gravación do seu videoclip ?Día y noche? é un despilfarro, unha vergoña e un insulto para os galegos e galegas e, moi especialmente, para a xente do mundo da cultura. As críticas aínda arrecian máis cando se comproba o que desde que se coñece o vídeo se sospeitaba, que os planos do inicio nas que se agrupaban as imaxes galegas desaparecen na difusión do que aparece como versión ?oficial? da canción.

Para a deputada do BNG, Ana Pontón, que defendeu a iniciativa no Parlamento era fácil supor que o que está a pasar acontecería. O feito de que as imaxes da Torre de Hércules, da praia das Catedrais ou das pontes de Ourense non tivesen como fondo a canción e se agrupasen no inicio do vídeo facían adiviñar que a intención era eliminalas en canto fose posíbel.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0