Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As fotos de Varufakis xunto á súa segunda esposa traen polémica.
A Yanis Varufakis, o ministro de Finanzas de Grecia e home forte do Goberno de Syriza, pódelle saír moi caro o pousado que fixo xunto á súa segunda esposa, Danae Stratu, para a revista Paris Match.

O seu estilo de vida dista moito das penurias polas que atravesan os gregos, polo que a aparición das imaxes, que se difundiron a través das redes sociais, espertou un gran balbordo e non pouca indignación entre a cidadanía grega, xa que a ostentación de Varufakis e a súa esposa choca coa difícil situación económica de moitos cidadáns helenos. O xornalista Yanis Koutsomitis, por exemplo, falou do ?socialismo de viño branco baixo a Acrópole?. As fotos foron realizadas o pasado 8 de marzo, un día antes dunha decisiva reunión co Eurogrupo en Bruxelas. Á parella vella nas instantáneas compartindo peixe e ensalada e brindando con viño branco.

No interior da vivenda tamén se pode ver a Varufakis cun piano, imaxe que se comparou con outra similar protagonizada polo nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0