 (1).jpg) Cando unha persoa nos da a man para saudarnos cortesmente, valoramos ao instante a forma na que o fai. Se a extende con firmeza ou é moi frouxa, se o xesto dura moito ou pouco... Toda esa información forma parte da comunicación non verbal e pode axudar a formarnos unha primeira impresión do suxeito que temos diante. Pero un aperto de mans esconde moito máis.
Despois dun curioso experimento, investigadores do Instituto de Ciencia Weizman chegaron á conclusión de que este saúdo orixinouse como unha forma de coñecemento do outro e mantívose no tempo porque durante o mesmo trasmítense sinais químicas. Algo así como o que fan os cans e outros animais cando se atopan, pero, por mor das nosas pulcras convencións sociais, moito máis sutil.
No experimento, publicado en eLife, participaron unhas 280 persoas que foron recibidas con ou sen un aperto de mans. Cámaras ocultas gravaron a escena para comprobar cantas veces se tocaban a cara. Resulta que a xente olfatea constantemente as suas propias mans mantendo éstas no nariz cerca do 22 por cento das veces.
O máis curioso é que os individuos que foron recibidos cun aperto de mans incrementaron significativamente o xesto de tocarse a cara coa súa man dereita. Porén, o traballo especifica que este comportamento só parece suceder cando o suxeito ao que se saúda é do mesmo sexo.
«O aperto de mans é un método coñecido para transmitir unha variedade de información en función da duración do xesto, a súa forza e a postura usada. Nós sostemos que evolucionou ata servir como unha das numerosas maneiras de 'degustar' produtos químicos entre as persoas, e que todavía serve a este propósito nunha parte moi significativa, aínda que de forma subliminal», concluiu Sobel.
Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato |