 O cantante Joaquín Sabina ofrecerá un concerto na Coruña no marco do décimo aniversario do seu disco ?19 Días e 500 Noites?, que volverá levarlle á estrada neste 2015.
En concreto, o seu único recital en terras galegas terá lugar no Coliseum da cidade herculina o próximo día 26, sendo un dos primeiros entre apenas unha vintena de concertos por toda a xeografía española. A continuación, a xira visitará a República Mexicana, Colombia, Panamá e Ecuador durante o próximo mes de maio.
Ademais, Sabina acaba de publicar un dobre CD+DVD que recolle máis de dúas horas da actuación que ofreceu o pasado mes de setembro no Luna Park de Bos Aires (Arxentina), dentro da mesma xira.
Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B. |