Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Elefante Elegante conducirá a gala de entrega dos XIX Premios María Casares.
Elefante Elegante será a compañía encargada de conducir a gala dos XIX Premios María Casares, que se celebrará o próximo 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Rosalía de Castro da Coruña.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos galardóns, confíalle a dirección artística e a condución da gala á compañía fundada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro.

A compañía, que xa traballa nos detalles do espectáculo, propón uns XIX Premios María Casares nos que a ambientación e a inspiración nacerán do concepto de viaxe e das súas diferentes perspectivas.

?A gala servirá así de espello para esa forma de vida dos actores, que vivían como viaxeiros forzados nunha época na que se movían polo mundo en ?troupe?, sinala a propia María Torres, que engade que esa dimensión de viaxe ?entronca? cunha serie de ideas que queren tratar durante a gala, como son ?a itinerancia como modo de vida, a emigración e a multiculturalidade?.

A compañía, ademais, contará coa música en directo de Kibitka, formación multiinstrumental que nutre o seu repertorio con sons de Armenia, Belorrusia, Moldavia, Rusia e Galicia.

?A banda sonora que achegará Kibitka ofrecerá a ambientación perfecta para estes María Casares viaxeiros?, destaca a organización nun comunicado de prensa.

Pola súa banda, Torres asegura que recibe o encargo da AAAG como ?unha honra?. ?É, ademais, un reflexo da valoración que se fai do noso traballo, do camiño recorrido nestes anos en Galicia?, resalta a codirectora de Elefante Elegante.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2015 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0