Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha análise de sangue para elexir o mellor tratamento contra o cancro
Vinte hospitais de España comenzan a aplicar a biopsia a través do sangue, unha técnica que facilita elexir o mellor tratamento para cada tumor.

"O sangue é coma o vertedoiro do corpo humano", recorda Josep Tabernero, director do Vall d'Hebron Instituto de Oncoloxía (VHIO). Coma os investigadores que furgan no lixo en busca de pistas para resolver un crime, os médicos levan décadas analizando o sangue humano en busca de sinais da enfermidade. Agora, nos albores da medicina de precisión, cando se precise cortar un tratamento á medida de cada paciente, as mostras sanguíneas van cobrar aínda maior relevancia como arma contra o mal que máis mata no mundo desenvolvido: o cancro.

A semana pasada, en Barcelona, realizouse a presentación oficial dunha tecnoloxía que se aplicará aos pacientes, a biopsia líquida para buscar no seu sangue sinais do tipo de tumor ao que se enfronta. O VHIO é xa o primeiro centro do mundo no que cunha mostra de sangue se poderá coñecer se quen sofren cancro colorrectal con metástase teñen ou non a mutación do xen RAS. Esta información é útil para poder predicir como vai funcionar un tratamento nun caso concreto. Entre o 55 % e o 65 % dos pacientes con este tipo de cancro teñen a mutación e non responden á terapia con cetuximab e panitumumab, que é eficaz para outras variantes xenéticas.

Ata agora, para obter esa información, os médicos necesitaban realizar unha biopsia de tecido sólido ou un procedemento quirúrxico co que obter un pedaciño de tumor para analizalo. Estes procedementos son invasivos, incómodos para o paciente e non se poden repetir con frecuencia. Nunha enfermidade coma o cancro, cunha gran capacidade de adaptación ás circunstancias e aos tratamentos, manexar información actualizada é esencial para elexir as adecuadas ferramentas para combatila.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2015 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0