Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os alumnos que empezan secundaria non distinguen que informacións son relevantes en Internet
Aínda que un neno cuxa lingua materna sexa o español viva en Alemaña, non vai falar alemán como os nativos, a non ser que se promova que o faga. O mesmo pasa coa aprendizaxe da tecnoloxía: unha cousa é que os nenos actuais naceran xa na era tecnolóxica (os chamados nativos dixitais) e outra moi distinta é que a pesar de que se manexen moi intuitivamente ante unha tablet, saiban desenvolverse de forma adecuada na escola e o mundo laboral desta era.

Son poucos os estudantes que aos 13 anos quedan nun primeiro nivel básico de competencias tecnolóxicas, o 17%. Trátase dos que unicamente saben facer cousas básicas, como abrir un link, ou, por exemplo, identificar que outras persoas están a recibir o mesmo correo que eles. Outro 23% atópanse entre os que van un paso máis aló, os que están familiarizados coas ferramentas tecnolóxicas -saben, por exemplo, usar os programas de procura con palabras crave ou inserir a información que atopen nunha folla de cálculo- , e un 38% máis chegan a un terceiro nivel de habilidades no que saben ademais atopar todo o que queren, aínda que non o vexan mencionado explicitamente. Pero só ao redor do 2% dos alumnos do mundo desenvolvido chegan a saber seleccionar en Internet as informacións relevantes das que non o son. É dicir, son os que demostran ter pensamento crítico. O país que ten máis alumnos no nivel máis alto é Corea do Sur (o 5%), seguido de Australia (4%) e a República Checa (3%). España participará no próximo estudo deste organismo, anuncia Sandoval: ?Un dos resultados máis importantes que vimos é precisamente que os profesores utilizan moito máis Word e PowerPoint na clase que software especializado para o ensino das materias, a pesar de que hai algúns moi bos dispoñibles no mercado. E din que non as usan porque non se senten cómodos facéndoo?.

A conclusión principal é, segundo este experto, que ?agora sabemos para que se están usando os computadores e non é para o que cremos que se terían que utilizar se queremos que os estudantes desenvolvan o tipo de competencia que lles van a servir nun futuro para desenvolverse adecuadamente no colexio, o mundo laboral e a sociedade. É necesario, ademais, deseñar políticas enfocadas á capacitación dos mestres para que utilicen máis estas ferramentas, porque aos nenos temos que guialos?.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2015 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0