Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os uniformes están de moda
Hai moitas opinións sobre a conveniencia ou non de impoñer uniformes escolares. Aínda que parece que actualmente hai certa tendencia de volver a eles.

Por un lado, os defensores do uso do uniforme escolar argumentan que a longo prazo resulta económico utilizalo, non hai que comprar roupa en exceso e tampouco hai que pensar con que roupa vestir aos nenos, tamén se destaca que a roupa habitual se preserva e se estraga moito menos. A isto hai que engadir que os defensores argumentan que cos uniformes escolares se eliminan as barreiras sociais, en opinión dos detractores, o hábito non fai ao monxe e a pesar do uniforme, os trazos físicos ou os modais non cambian.

Os detractores argumentan que os uniformes escolares fomentan o sexismo dado que os nenos deben vestir con pantalón e as nenas forzosamente con saia, quizais este problema se solucionaría se o uniforme escolar adoptase un deseño unisex ou a posibilidade de que as nenas contaran cunha peza suplementaria (como no noso colexio).

Pero unha pregunta que se debería realizar é, condiciona o uniforme escolar a aprendizaxe dos nenos ou a súa actitude na clase? E de igual modo no caso contrario, non levar uniforme escolar fai que os nenos adopten unha actitude afastada da disciplina e a aprendizaxe escolar? E ti, que opinas ao respecto sobre as vantaxes e inconvenientes dos uniformes escolares?

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2015 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0