Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O vestido que nos está a volver tolos
Este vestido dividiu ao mundo nas redes sociais. Uns din que é branco e dourado, outros veno negro e azul. Todo comezou cando un usuario preguntou nunha rede social de que cor vían a peza porque os seus amigos non se poñían de acordo. Ata os famosos discuten pola cor do vestido. Taylor Swift veo claramente negro e azul. En cambio Kim Kardashian veo branco e dourado. Julianne Moore, James Franco e Justin Bieber entre outros tamén discutiron nas redes pola cor do vestido.

O certo é que o usuario que colgou a foto na rede explicou que se trataba dun experimento sobre a percepción da cor. ?Rapaces, podédesme axudar? Este vestido é branco e dourado ou azul e negro?, os meus amigos e eu non nos poñemos de acordo e estámonos a volver tolos", preguntou en Tumblr.

A confusión vén por como percibimos a luz. Esta impacta no noso ollo coa retina e as conexións nerviosas interpretan as cores. De aí, que o vestido non sexa igual para todos. Jay Neitz, un científico, explica en declaracións á revista Wired, que as diferenzas na visión son as "máis grandes que observou nos seus 30 anos de carreira". De feito, Neitz di que o vestido é branco e laranxa.

Pero a discusión do vestido vai máis alá de converterse viral. Medios de todo o mundo fixéronse eco do dilema do vestido. A responsable da empresa que fixo o vestido confirmou á cadea CNN, que o vestido é azul e negro e custa 70 euros.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2015 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0