Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo asina na Coruña un memorando para o estudo do portugués na Galiza
Nun acto que se desenvolveu na Coruña, na sede da Real Academia Galega (RAG) que contou coa presenza do presidente da República de Portugal, Anibal Cavaco Silva, quedou asinado o Memorando entre a Xunta e a Embaixada da República de Portugal en España para a adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario galego.

No seu discurso, Alberto Núñez Feijóo falou da necesidade de aproveitar no ensino a oportunidade ?entre a lusofonía e os galegofalantes?. Segundo afirmou, o memorando ?reafirma os vencellos entre Portugal e Galicia, afianza a amizade entre Portugal e España e representa un paso máis na tarefa da construción europea?.

?A lembranza do tronco común das nosas linguas está na orixe deste acto?, sinalou ao tempo que se referiu ás oportunidades de futuro da relación entre as linguas. Fixo mención así a que o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, a quinta máis empregada en internet e a terceira en redes como facebook e twitter.

Non é este o primeiro aceno de Feijóo cara ao portugués. Mesmo nalgunha tertulia da caverna madrileña o presidente da Xunta ten defendido o caráter internacional da lingua galega através da lusofonía. Porén, a efeitos prácticos, neste momento en Estremadura existen máis aulas de ensino secundario leccionando português do que na Galiza.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 27-02-2015 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0