 Os xurados dos Premios Xerais xa non estarán compostos por persoas decididas só pola propia editorial. A través dunha convocatoria pública, quen queira participar no proceso de elección de obras gañadoras do Premio Xerais de Novela, do Merlín de literatura infantil e máis o Jules Verne de literatura xuvenil, pode presentarse para formar parte dos xurados desta nova convocatoria dos recoñecidos premios literarios.
Se desde hai tres décadas a editorial optou por integrar lectores e lectoras non profesionais como membros dos xurados dos seus premios, agora dá un paso adiante e abre a posibilidade para quen o desexe formar parte do grupo que selecciona as obras gañadoras entre os orixinais presentados. ?É unha incógnita para nós a acollida que pode ter este chamamento, cuxa intencionalidade é facilitar a lectores e lectoras que se presenten voluntarias poidan gozar durante dous meses unha moi intensa e complexa experiencia literaria?, explica o director da editorial, Manuel Bragado no comentario que insire no seu blog Brétemas.
Anímovos a que participedes e podades ser parte de este xurado tan especial, non sen antes disfrutar os libros!
Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
|