 O piloto español Fernando Alonso, que este luns sufriu un accidente no Circuíto de Cataluña, permanecerá en observación entre 24 e 48 horas, informou o seu representante, Luis Garcia Abad, no Hospital Xeral de Barcelona. ?Fernando someteuse a varios recoñecementos por precaución e está ben. Así e todo permanecerá entre 24 e 48 horas en observación?, dixo García Abad. ?Veu por precaución. Fixéronselle todas as probas pertinentes, que saíron ben. O choque co valo provocou todo o demais. Agora está na padiola, cómodo e tranquilo. Todo ocorreu en situacións normais?, dixo García Abad.
Ademais, García Abad aclarou que o accidente non se debeu a un fallo do coche ou a unha indisposición do piloto. ?Desmentimos que se atopase mal antes do accidente. O coche colleu grip, había un vento tremendo e foise contra o valo?, dixo.
Alonso rodaba a unha velocidade relativamente baixa cando sufriu o accidente segundo asegurou o piloto alemán Sebastian Vettel. ?A velocidade era máis ben lenta, tal vez a 150 quilómetros por hora. Despois chocou contra o muro. Pareceume raro?, dixo o catro veces campión do mundo á revista alemá Auto, motor und Sport.
Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A. |