 As fotografías dunha modelo na revista danesa Cover desataron a polémica no país a raíz de que varios usuarios se fixeran eco das polémicas que se levantaron a través das redes sociais.
En concreto, é a súa extrema delgadeza a que chamou a atención dalgúns medios, e sobre todo dos usuarios das redes sociais. As fotografías son impactantes. Nelas pódese ver a nova modelo posando para a revista nunhas fotografías que resaltan as súas pernas, cara e incluso mans máis delgadas do habitual.
Foron moitos os usuarios de twitter os que lamentaron que estas fotografías saíran á luz, e ademais nunha revista de moda, que é o espello no que moitas persoas se fixan.
Tal foi o escándalo en Dinamarca que a fundadora da revista disculpouse a través da televisión asegurando que ?esta vez cometín un erro, non debín publicar esta foto?.
Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
|