Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello de Compostela pon atrancos a unha manifestación polo galego
Queremos Galego recebíu esta sexta feira unha notificación do Concello de Santiago onde, afirma a plataforma, se nega á autorización para a conexión ao alumeado municipal, ?ben directamente, ben por medio dun xenerador do Concello, para desenvolver o acto final da manifestación masiva prevista para o 8 de febreiro?.

O Concello, prosegue QG, ?oponse máis dunha vez a todo o que teña a ver coa defensa activa da lingua galega a través da mobilización cidadá?, e faino ?malia contar con precedentes xudiciais en contra desta postura?.

?Non é novidade?

Lembra Queremos Galego que esta actitude non é nova, ?é a mesma que mantiveron os anteriores alcaldes de Santiago neste mandato, Conde Roa e Ángel Currás?. ?Como non poden parar ás miles de persoas que se dirixirán a Santiago a se manifestarán polo futuro da nosa lingua, pensan que cortando o son poderán calalas?, sinalou o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa Marcos Maceira.

Maceira fixo un chamado ao novo alcalde Agustín Hernández, a que evite a confrontación xudicial ?e deixe de pór limites ao que en Galiza, en Santiago como a súa capital, é o natural, a lingua galega e a liberdade de expresión?.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 31-01-2015 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0