Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Reino Unido recoñece o pobo de Cornualles como minoría nacional. |
|
O Reino Unido vén de recoñecer oficialmente aos e as córnicas como 'minoría nacional', nunha decisión que equipara o pobo de Kernow (Cornualles) co status que ten Cymru (Gales), Escocia e Irlanda do Norde. A decisión foi cualificada por Mebyon Kernow (o partdo nacionalista de Cornualles) como fantástica? polo que supón que oficialmente se recoñece que non son ingleses.
Con 3.500 km cadrados e 500.000 habitantes, este pequeno país celta é un gran descoñecido. Hai un milenio que foron subsumidos por Inglaterra, nunha asimilación que case finiquita a súa identidade como pobo. Desde hai case dúas décadas, e aos poucos, Kernow comezou a reivindicar a súa identidade nacional e auto-goberno.
A decisión adoptada por Londres implica que o Reino Unido deberá de protexer, manter, garantir a cultura e identidade córnica. Para @s nacionalistas, supón un pasiño adiante de cara a atinxir unha asemblea autónoma, da que carecen na actualidade (e que si teñen Escocia e Gales).
Campaña polo autogoberno
Co inicio de 2014 desde diferentes entidades e organizacións de Kernow apostouse por impulsar unha campaña de recollida de sinaturas en demanda de autogoberno. O partido nacionalista Mebyon Kernow (MK) quere implicar á cidadanía nun movemento que acade que Londres acepte dotar a Cornualles de institucións de goberno propias. Nunha enquisa, se ben do 2009, a metade das e dos córnicos eran favorábeis a esta demanda. Daquela impulsárase unha campaña semellante e que atinxira as 40.000 sinaturas, cifra non desdeñábel tendo en conta que Cornualles ten medio millón de habitantes.
No censo de 2011, o 14% d@s habitantes en Cornualles declaraban que a súa identidade nacional era a córnica.
Por Fernándo Rodríguez. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|