Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Oito de cada dez mulleres que seguen unha dieta para perder peso fracasan
O 81% das mulleres que fan dieta para intentar perder peso fracasaron e tan só o 24% está conforme cos seus quilos, segundo unha enquisa elaborada pola Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO) cuxos resultados foron publicados este mércores.

Albert Goday, vicepresidente da sociedade, asegurou durante a presentación da enquisa que é moi difícil manter no tempo os hábitos de vida que leva consigo padecer unha enfermidade crónica como a obesidade, xa que cando o peso se estabiliza tras unha dieta saudable e exercicio, a motivación baixa.

Por iso, o 81% fracasara nun intento de perder peso e un 75% fixeran dieta previa, co que, segundo o responsable desta sociedade, "algo está a fallar no sistema que fai que algunhas persoas repetidamente teñan que facer intentos de perder peso con fracaso".

Para non fracasar, os nutricionistas como Carmen Pardos, recomendan, ademais de acudir a un especialista, seguir unha alimentación axeitada e exercicio físico e, aínda que aseguran que non hai unha dieta ideal, manteñen que a mediterránea é un exemplo a seguir.

Os hábitos nutricionais das enquisadas non deixan tampouco lugar a dúbidas: o 65% asegura ter uns hábitos saudables e deles o 60% afirma telos adquirido por si mesmos. Un 68% das enquisadas din tamén que come na casa e en compañía. Por último, o 34% pésase cada semana, algo que, segundo Pardos, non fai falta con tanta frecuencia.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0