Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Teléfonos (e só teléfonos) intelixentes
Estar conectado ás nosas contas de Twitter e Facebook a cada momento fainos parecer máis intelixentes, pero en realidade diminúe as nosas capacidades intelectuais, segundo afirma un novo estudo publicado por Royal Society.

As redes sociais constitúen unha fonte primaria de información para moitos usuarios, aínda que algúns estudos afirmen que lemos noticias sen pretendelo e que en realidade sempre nos conectamos para saber que fan os nosos coñecidos. Sexa de casualidade ou non, ler os artigos publicados polos nosos contactos fainos estar ao tanto do que acontece, pero non agudiza o noso intelecto, xa que a sobreinformación á que nos expoñemos a través das redes diminúe a nosa concentración, contemplación e reflexión, demostrou este traballo.

Para obter esta conclusión, os investigadores entrevistaron a un grupo de 100 universitarios divididos en cinco grupos que utilizaban redes sociais diferentes e asignadas ao azar. A metade dos voluntarios estaban conectados con todos os demais, mentres que os restante non tiñan ningún tipo de conexión cos outros. Os científicos someteron aos participantes a unha serie de preguntas baseadas no razoamento analítico para comprobar o seu nivel intuitivo. Os resultados mostraron que os primeiros eran máis propensos a reproducir as respostas correctas dos seus contactos que a razoar as súas propias. As redes sociais axudaban aos voluntarios a elixir mellores respostas, pero eximíanos de aplicar o seu propio razoamento analítico.

A tendencia a copiar "fai que parezamos máis intelixentes cando en realidade cada vez pensamos menos", conclúen os autores do estudo. E é así que nos tempos dos teléfonos intelixentes volvémonos tontos.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0