Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día Mundial contra toda mutilación xenital feminina non médica
Nunha mensaxe a propósito da xornada que se celebra dende 2003, o presidente da Asemblea Xeral da ONU, John Ashe, cualificou de "devastadoramente daniño" a ese procedemento, o cal se concentra nuns 30 países de África e o Oriente Medio.

A mutilación xenital feminina constitúe unha severa violación dos dereitos humanos de mulleres e nenas, e unha forma de violencia extrema contra elas, advertiu. Para o diplomático de Antiga e Barbuda, trátase dunha práctica que ameaza de xeito moi serio a saúde reprodutiva e psicolóxica das féminas afectadas.

"Este Día é outra oportunidade para que a comunidade internacional se una e traballe en función de deter este abuso, o cal se converteu nun problema global, que require unha solución inmediata," expuxo.

Ashe convocou a perseguir a meta de erradicar a mutilación xenital para a próxima xeración, en prol de axudar a millóns de mulleres e nenas arredor do planeta a vivir unha vida máis saudábel e plena.

A Asemblea adoptou en decembro de 2012 unha resolución que insta a celebrar cada 6 de febreiro o Día Internacional de tolerancia cero coa mutilación xenital feminina.

De acordo coa Organización Mundial da Saúde, ese tipo de mutilación comprende todos os procedementos consistentes na resección parcial ou total dos xenitais externos femininos, e outras lesións dos devanditos órganos por motivos non médicos. Esta práctica afecta a entre 100 e 140 millóns de mulleres e nenas.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0