 Os leóns triunfan no 25% das súas cazarías e as quenllas un 60%, pero os cabaliños déixanos moi atrás capturando ao 90% das súas presas. E iso que as súas vítimas móvense a unha velocidade de 3.000 km/h.
É aínda máis incrible se temos en conta que o cabaliño de mar é unha das criaturas mariñas máis lentas que existen. Cal é o seu segredo? O seu fociño. Este está deseñado de forma que ao moverse crea moi poucas ondas na auga, polo que pode achegarse á súa presa sen ser detectado.
Ao cazar, o colo do hipocampo arquéase como un resorte, permitíndolle rotar a cabeza rapidamente e succionar ás súas vítimas a 1 mm de distancia. O seu fociño permítelle achegarse sen causar disturbios na auga, o que anunciaría a súa presenza.
Nós vémolo como un tenro e indefenso animal pero para os pequenos crustáceos que constitúen a súa dieta, o cabaliño de mar é un monstro sixiloso que os axexa ata capturalos.
Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato. |