
A Rede Galega de Bibliotecas Públicas celebrará o próximo 30 de xaneiro o primeiro Día da Ilustración en Galicia con talleres, actividades para estimular a creatividade, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión sobre "a importancia deste sector no ámbito do libro e da lectura".
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicou onte que esta celebración nace con vocación de "permanencia" para que en próximos anos o día 30 de xaneiro se vincule á ilustración e se promova "a importancia que ten este sector". "A ilustración debe ter un espazo singular dentro dese calendario de actividades vinculadas co libro e a lectura, e a mensaxe que queremos transmitir é que o 30 de xaneiro debe ser un día arredor do cal se configuren diferentes tipos de programación para poñer en valor a ilustración", engadiu.
Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO. |