Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOMENAXE EN RIBADAVIA A ABRENTE E AOS 40 ANOS DE TEATRO
Ribadavia comezou a celebrar onte para seguir ata hoxe os 40 anos da Mostra de Teatro e rende homenaxe á asociación Abrente, que en 1973 puxo en marcha o dito festival. Por iso se desenvolven as Xornadas Abrente, inauguradas este venres ás 17.30h no centro comarcal, comezando ás 18,00 h a primeira mesa redonda chamada 'Dun tempo, dun país', que foi moderada por Manuel Guede e que contou con poñentes como José Luis Chao, Ernesto Chao, Maribel Outeiriño ou Luís Álvarez. Ás 20.30h, concluía a primeira xornada coa representación teatral 'BailadELAS', por Teatro Antroido representada na Casa da Cultura.
Hoxe ás 10.00h, na Casa da Cultura, presentaranse diversas publicacións sobre os 40 anos de asociación, intervindo Inma López, Dolores Vilavedra, Roberto Pascual e Xesús Alonso Montero, que falará sobre ?Ricard Salvat e o teatro galego?. Roberto Pascual como moderador comezará ás 11.00 h a segunda mesa redonda cos poñentes Camilo Fernández, Julio Cardoso, Cándido Pazó e Manuel Lorenzo.
A programación incluirá a proxección dun documental ás 13.00 h, titulado ?Abrente, unha clave para o teatro galego?, dirixido por Antonio Simón.Ás 17.00h comezará a clausura das ditas xornadas dedicadas á asociación impulsora do festival de teatro en Ribadavia e en xeral do teatro galego en todos os ámbitos. Durante este acto ofrecerase unha homenaxe a Xesús Sánchez Orriols, descubríndose máis tarde unha placa na súa casa.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-12-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0