Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Sociedade de Cardioloxía denuncia que a sanidade discrimina aos maiores negándolles novas terapias |
|
A Sociedade Española de Cardioloxía fixo este xoves unha a afirmación terrible, unha declaración que podería considerarse tanto unha autocrítica como unha acusación ou como unha chamada de atención ao sistema e á cidadanía. Segundo os cardiólogos da asociación, a nosa sanidade discrimina ás persoas maiores ao negarlles procedementos diagnósticos e tratamentos, e néganllos por iso mesmo, por seren maiores.
Nas súas reflexións os profesionais recordan que as enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de mortalidade e de morbilidade (grupos de persoas afectadas por esas enfermidades) na poboación dos países desenvolvidos e en especial dentro da poboación anciá. Botan man dos datos demográficos para subliñar o proceso de avellamento que sufrimos e que vai en aumento. Cada ano hai máis persoas maiores, polo que deducen que tamén aumentará a prevalencia e mortalidade por enfermidade cardiovascular.
Despois disto, a Sociedade de Cardioloxía expón unha visión da realidade que seguro provocará incomodidade e preocupación, que empuxará a un debate que queda explícito de xeito descarnado: "moitas veces temos a tendencia a tratar de forma máis coidadosa, con máis respecto e usando tratamentos máis custosos, aos pacientes máis novos que aos pacientes de idade avanzada; e iso, na maioría dos casos, non ten unha xustificación desde o punto de vista científico, xa que os pacientes anciáns poderían beneficiarse de igual maneira destes tratamentos", manifesta o doutor Martínez-Sellés, presidente da Sección de Cardiología Xeriátrica da SEC.
Cítase como exemplo o que acontece cunha enfermidades como o estreitamento da arteria aorta. Trátase dunha afección que converte aos maiores en candidatos a recibir implantes de próteses valvulares específicas. Case todos son pacientes de idade avanzada sobre os que se comprobaron os beneficios destes tratamentos que consisten en cambiar unha válvula cardíaca.
Acábase de publicar na revista 'Journal of Internal Medicine' o estudo español PEGASO, sobre factores asociados á elección do tratamento, e o seu posterior seguimento a longo prazo, de 928 pacientes octoxenarios con estenosis aórtica (EA) severa.
A análise puxo de manifesto que máis da metade dos pacientes octoxenarios con EA severa son tratados mediante terapia conservadora (tratamento paliativo que non mellora o seu prognóstico), cando, aínda que non son aptos para recibir o tratamento convencional mediante cirurxía, si poderían beneficiarse da substitución valvular por vía percutánea, que na actualidade soamente recibe un cuarto destes pacientes.
Indican a Sociedade de Cardioloxía que os implantes de válvulas requiren unha intervención minimamente invasiva destinada a aqueles pacientes que posúen un alto risco cirúrxico ou son directamente inoperables mediante cirurxía convencional, e presentan uns resultados de supervivencia moi superiores. Os pacientes poderianse beneficiar, pero á maioría non se lles fai nada, segundo a denuncia. Os doutores indican que a situación actual de crise agrava aínda a discriminación.
Finalmente, tal vez a afirmación máis dura do doutor Martínez-Sellés, que fala dunha necesaria concienciación social e sanitaria: "moitas veces limítanse tratamentos pola curta esperanza de vida que se cre que vai ter o paciente de forma incorrecta, xa que neste momento mesmo os anciáns poden ter unha lonxeva esperanza de vida".
Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|