Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Miles de galegos bótanse ás rúas para protestar polos recortes e en defensa da sanidade pública |
|
Gran preocupación ante a creación das áreas de xestión clínica, polas contradicións das normas legais nunha realidade diaria de precariedade, e temor polo posible cambio dos funcionarios a persoal laboral
A cita foi ás oito da tarde en cas todas as localidades galegas nas que houbo manifestación en contra dos recortes e en defensa da sanidade pública. Antes, dous días de folga do persoal sanitario en toda a comunidade e cifras moi distantes referidas ao apoio en hospitais e ambulatorios: A Xunta asegura que o seguimento roldou o 22% e para os sindicatos superou o 80%. En Santiago, arredor de dúas mil persoas xuntáronse na Praza Roxa e percorreron as rúas cara á zona vella berrando non, non, non á privatización, en medio de comentarios de gran preocupación por unha situación que os manifestantes consideran precaria e cada día máis deteriorada.
Sanitarios, políticos e cidadáns de toda clase estiveron en Santiago a carón das bandeiras dos sindicatos convocantes CCOO, CIG e CESM-Omega, e a carón das pancartas que piden servizos sanitarios universais, públicos e gratuítos, e que rexeitan reiteradamente a privatización. Os profesionais da saúde son, talvez, os que mellor coñecen a situación: viven a diario con ela. Na protesta houbo moitos e moi enfadados, que se mostraron enormemente preocupados por cousas concretas como a creación das áreas de xestión clínica, que ven como unha porta franca privatizadora e con condicións que consideran potencialmente moi prexudiciais, como o reparto entre os profesionais sanitarios do suposto aforro conseguido na xestión das unidades.
Tamén aludiron á posibilidade de que, máis pronto que tarde, os cambien a persoal laboral, con perda de dereitos. Ao falar de perdas, facultativos que participaron na manifestación aludiron a meses de retrocesos na sanidade galega, e mostraron preocupación polo deterioro da asistencia. Quéixanse de dispor de menos recursos e das contradicións legais que se van producir moi pronto. Por exemplo, na obrigatoriedade de atender nun prazo de tempo legalmente establecido. Con menos persoal, vai ser difícil, e os pacientes se derivarán á privada.
Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|