Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO MODO DE DESINTEGRACIÓN PARA O BOSÓN DE HIGGS
As primeiras evidencias da desintegración do recentemente descuberto bosón de Higgs en dúas partículas denominadas tau, pertencentes á familia de partículas que compoñen a materia do universo, fixéronse públicas grazas á colaboración internacional do experimento ATLAS do ?Gran Colisionador de Hadrones? (LHC) onde participaron investigadores españois. Ata agora os seus experimentos so detectaran a parícula Higgs mediante a súa desintegración noutro tipo de partículas denominadas bosóns, portadoras das forzas que actúan na natureza. Os novos resultados foron presentados nun seminario no CERN o pasado 26 de novembro, nos cales se mostra por primeira vez cun nivel de certeza de 4 sigma, pois a maior certeza sería de 5, ao bosón decaendo en dous leptóns tau.
O bosón de Higgs descubriuse en 2012 polos experimentos ATLAS e CMS do LHC que revela a existencia dun novo campo de forza na natureza, tamén chamado mecanismo de Brout-Englert-Higgs en honor aos físicos que o propuxeron. Este campo de forza é responsable da orixe da masa doutras partículas elementais, e a súa ausencia impediría a xeración da masa, a materia que compón todo o posible de ver no Universo así como a nós mesmos, tal e como agora a coñecemos.
Ademais os resultados obtidos son compatibles coas predicións do modelo estándar, e a partir do 2015 espéranse obter moitos máis datos.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2013 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0