 Unha mostra de sangue que se pode pasar por un filtro de plástico, en moitos casos vai poder substituír a biopsias para detectar cancros, segundo un hematólogo francés, Yvon Cayre, que utilizará o seu invento para realizar probas con pacientes a comezos do 2014, e así poder comercializalo.
O principio do invento é que as células cancerosas quedan na superficie ao pasar o filtro e poderanse analizar de xeito máis fácil, máis barato e máis sinxelo que unha biopsia.
Segundo os cálculos do investigador da universidade de Perrie y Marie Curie de París, un 60% das biopsias poderán substituírse por unha análise de sangue; a excepción será cando as células tumorais sexan raras.
O precio do tubo de plástico que aínda non ten nome non vai ser de máis de 200 euros, segundo Serge Kraïf, director de Biocare Cell, estrutura empresarial construída para lanzar o proxecto, que cren que será nuns cinco ou seis meses.
Pero, ademais da sinxeleza de ter tan só que realizar unha toma de sangue, outra vantaxe é que, ao contrario que a biopsia, está adaptada ás novas terapias personalizadas contra o cancro. A razón é que a particularidade das células tumorais é que teñen anomalías xenéticas, dixo o experto, engandindo que coa presión dos novos tratamentos selectivos, esas anomalías presentan mutacións, polo que, para facer un seguimento destas, non se pode realizar cada vez unha biopsia.
Outra vantaxe do dispositivo é que vai ter a posibilidade de descubrir anomalías fetais, como enfermidades xenéticas, tal que trisomía 21, é dicir, que o filtro de sangue poderá substituír á amniocentese, na que se necesita extraer unha mostra do líquido amniótico durante o embarazo.
Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO. |