Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Old Sock. Eric Clapton.
Como xa anunciamos, Eric Clapton ten novo disco, chamado Old Sock.

O disco conta con doce temas, os cales analizarei a continuación.

Este traballo comeza con "Further On Down The Road", un tema, esencialmente reggae no que intervén o músico Taj Mahal, compositor orixinal da canción. Como boa canción do xénero ten un ritmo pegadizo, levado por percusións das que poderíamos denominar, exóticas. Aquí podemos comprobar que a voz de Clapton, a pesar dos seus xa 68 anos, segue a ter unha calidade enorme, que concorda cos coros femininos que, unha vez máis, como é típico no xénero, acompañan a parte central da canción.

A segunda pista é "Angel", unha balada con toques bluseiros na que Clapton comparte protagonismo co clásico do Blues Rock, J.J. Cale. A canción conta cunha parte instrumental na que predominan dous solos consecutivos de guitarra eléctrica e guitarra acústica, que como acostuma Clapton, son xeniais.

Seguindo temos "The Folks Who Lives In The Hills", un tema, que a base de piano e guitarra, ten unha beleza enorme. O ritmo levado polo batería Steve Gadd, a pesar de ser secundario, é máis que apropiado. No tema, Clapton volve a amosar a súa extrema sensibilidade, xa mostrada en clásicos coma "Tears In Heaven". A canción remata cun solo de guitarra acústica acompañada de violíns.

Atopamos, na pista número catro, "Gotta Get Over" a un Clapton máis recoñecible. É un excelente tema de rock clásico que case se podería comparar co seu lendario traballo "Slowhand". As partes de guitarra eléctrica son executadas cunha mestría impresionante, tanto a nivel melódico como rítmico. Volve Clapton a demostrar o bo estado da súa voz.

"Till Your Well Runs Dry" é o nome do quinto tema deste disco. A canción semella unha balada mesturada con partes reggae.

No sexto lugar temos un préstamo. O clásico e tema éstandar do jazz "All Of Me". Eric colle este clásico popularizado polo gran Louis Armstrong e píntao de country e blues para conseguir unha diferente aínda que moi satisfactoria versión do tema. Nesta canción aporta a súa experiencia co baixo o lendario baixista Paul McCartney. O solo de guitarra recorda ao vello B.B. King, cousa habitual na discografía de Clapton.

"Born To Lose" é o título do seguinte tema, que recorda a un blues sureño semellante ao de The Allman Brothers Band. Aquí Clapton toca unhas liñas de guitarra slide espectaculares.

Para recordar ao falecido Gary Moore, Clapton sitúa no oitavo lugar do seu disco unha versión do tema "Still Got The Blues". A versión orixinal do tema é moi fermoso. Nesta versión, perde a a guitarra eléctrica, e, a pesar de ser unha moi boa versión acústica, non acada a calidade do orixinal, que sen dúbida un servidor colocaría nunha lista de "cancións máis fermosas".

Temos, despois da versión de Moore, "Goodnight Irene" un tema country que semella perfecto para ambientar unha típica poboación sureña estadounidense. Outra vez Clapton desborda calidade coa guitarra slide.

Unha vez máis volvemos ao ritmo reggae con "You Are One And Only Man". Tema semellante a "Further On Down The Road".

Penúltimo atópase "Every Little Thing". Esta canción recorda, no seu comezo, a "Wonderful Tonight", aínda que queda algo lonxe da calidade do clásico.

Pechando o disco está "Our Love Is Here To Stay", quizais o tema máis melancólico do disco, e un dos mellores do mesmo. O piano e a guitarra acústica mestúranse formando un bo tema.

O traballo, en xeral é bastante bo, pero está algo lonxe da calidade á que nos ten costumado Slowhand. Rematando a crítica, poreille un 7.5 de 10. Bo álbum en xeral, algo escaso para o xenio Eric Clapton.

Xabier.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0